quinta-feira, 3 de maio de 2012

Comunicado de TX RACE a respeito do X Enduro de Pontecesures

TX RACE comunica que está realizando os preparativos para a organización do X Enduro de Pontecesures, e que a prova será organizada según o previsto o próximo Domingo día 6 de Maio baixo os criterios de calidade e profesionalidade habituais de TX RACE.

Asimesmo, TX RACE conta con todas as autorizacións e permisos necesarios para a organización do enduro diante da FGM, Consellaría de Medio Rural, Comunidades Veciñais de Montes e Concellos de Pontecesures e Valga.

No entanto, vémonos na obriga de comunicar que despois de ter marcado o percorrido do monte coas sinais regulamentares indicativas para os pilotos; descobrimos o pasado Martes, que nese mesmo día de madrugada foran arrancadas e roubadas as flechas e sinais indicativas de aproximadamente 10 km de percorrido. A FGM foi avisada e o caso foi denunciado este mesmo Xoves de mañá diante da Garda Civil.

TX RACE lanza este comunidado dado que esta situación supón un importante atranco organizativo de traballo, tempo, custe e extress ao vérmonos na obriga de remarcar de novo desde cero o percorrido cando xa fican poucos días para a prova, e é unha situación inédita para nós que deve ser posta en coñecimento da comunidade endurística galega para que non volte a acontecer.

Por último, destacamos o noso empeño de seguir apostando polo deporte da moto de campo no noso país coa mesma ilusión e profesionalidade que o vimos facendo nos últimos 20 anos.

En Pontecesures, a 3 de Maio de 2012

TX RACE Motos
Rúa Redondo, 74 – baixo
36640 Pontecesures
+34 986 55 70 94
www.txrace.com

Sem comentários:

Enviar um comentário