Este Domingo día 6 de Maio desenrolouse polos montes de
Pontecesures e Valga o X Enduro de Pontecesures, prova puntuábel para o
Campeonato Nacional Galego de Enduro 2012.
A prova, organizada por Motos TX RACE, contou coa colaboración do Concello de Pontecesures, Protección Civil de Valga e Cesures, así como das Comunidades Veciñais de Montes de Grobas e San Miguel de Valga.
Perto de 70 pilotos inscritos participaron nun enduro extremo e de grande dificultade técnica onde houvo un grande número de penalizados devido ás dificuldades en trialeiras e en diversas zonas do percorrido.
A clasificación final da prova ficou liderada na categoria Senior por Daniel Carracedo, seguido de Carlos Castro e Xacob Agra. En Senior B, venceu Francisco Fernández, seguido de David Fabeiro e Oscar Álvarez. En Junior o vencedor foi Alfonso Garcia, seguido de Manuel Muñiz e Juan C. Moreiras. Na categoria Veteranos o gañador foi J. Carlos Fernández Puga seguido de Rafael Garcia e José D. García. En Féminas a vencedora foi Natalia Alonso, seguida de Mar Ortigueira e Ana Sanchez na terceira posición. E por último, na categoria Afecionados, o vencedor foi Feliz Méndez, seguido de Benito Varela e Javier Estévez.
TX RACE agradece a todas as persoas que colaboraran desinteresadamente na organización da prova, sen os cales non sería posíbel levala a cabo. Agradecimentos tambén para os pilotos participantes e o público asistente.
Toda a info da prova en: http://www.txrace.com/eventos/enduro-pontecesures-2012/index.html

Sem comentários:
Enviar um comentário